constará dunha asemblea, na que introduciremos o tema que abrangue
a unidade: Os Cons. O alumnado poderá aportar todo o que saiba deste
patrimonio e abriremos un debate no que a mestra anotará que é o que
non se sabe e se quere saber, para comprobar se ó final da unidade se
conseguiu dito propósito. Como previamente a esta sesión teremos unha
reunión coas familias nas que trataremos a temática, o alumnado pode
informarse previamente na súa casa e cos seus familiares de aspectos
a tratar sobre os Cons.
![]() |
A segunda parte será adicada á lectura do conto dos Bolechas sobre os Cons:
Os Bolechas van de viaxe: os Cons da Illa de Arousa” e de aquí xurdirán
dúbidas que resolveremos na clase, así como preguntas que fará a mestra/e
para coñecer se o alumnado entendeu e estivo atento durante a lectura do conto.
As actividades que podemos facer co libro “ Os Bolechas van de viaxe: os
Cons da Illa de Arousa” na aula son as seguintes:
1. Contar o conto:
Na asamblea os nenos e nenas estarán sentados en circulo e a/o docente proponlle contar o conto mostrándolle as imaxes.
2. Preguntas sobre o conto:
Despois de ter lido o conto, a docente fará unhas preguntas para ver se os nenos
e nenas entenderon ben o conto. As preguntas a levar a cabo son:
- En que municipio se encontra o conto?
- Que visitaron?
- Que sucedeu durante a visita?
- Que personaxe se enfadou?
- Que ocorreu no final do conto?
3. Que escriban os nenos e nenas o conto:
Cada semana un neno ou unha nena levará para a súa casa unha mochila, que
contén o libro e unha caderno, polo que o alumnado deberá escribir nunha folla do
caderno un anaco de historia acompañada dun debuxo.
4. Modificar:
Contar a historia, na que aparece algún personaxe novo como por exemplo cando
fan a ruta dos cons aparece un león. Cambiando o final, no que un dos Bolechas
se perdee finalmente encóntrano.
5. Ordenar o conto por secuencias:
A actividade consiste en que a docente presentaralle unhas láminas sobre o conto
e os nenos e nenas terán que ordenalas en función de principio a fin como sucedeu
a historia.
6. Para finalizar esta sesión, serás capaz de xuntar as pezas deste
puzzle que forman un con?
puzzle que forman un con?
Os cativos e cativas terán que realizar un puzzle de dous cons representativos
do conto. Aquí tendes os enlaces para que poidades probar, a ver quen é o
máis rápido. Atrévédesvos?
Que Con é?
Que Con é?

No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.