lunes, 14 de mayo de 2018

AVALIACIÓN

A avaliación é un proceso mediante o cal obtemos información de maneira continua e
sistemática para coñecer a idoneidade do proceso educativo dunha maneira global, así
como as decisións tomadas por parte dos docentes. Trátase dun elemento fundamental
da práctica educativa. O principal obxectivo da avaliación é o de recoller información continua co fin de mellorar, axustar e modificar (se é necesario) os procesos de ensino e aprendizaxe, e así contribuír a mellorar a calidade da educación.


A avaliación desta unidade didáctica será global (referirase ó conxunto de capacidades expresadas nos obxectivos xerais), continua (as docentes recollerán de modo continuo información sobre o proceso de ensinanza e aprendizaxe a través da observación directa e sistemática) e formativa (ó proporcionar unha información constante que permitirá mellorar tanto os procesos como os resultados da intervención educativa). Ademais contaremos cunha avaliación inicial na que se levará a cabo unha análise sobre cal é o coñecemento dos nenos e nenas neste ámbito e unha avaliación final para valorar as aprendizaxes, coñecementos e competencias que desenvolveron ó remate desta unidade didáctica.


Finalmente, destacar que realizaremos tamén unha autoavaliación da labor docente
seguindo os criterios como os que se mostran a continuación:
- Mostrouse unha actitude de escoita, aberta ós gustos e opinións do alumnado.
- Creouse un clima de respecto e afecto, adaptado ás necesidades individuais do
alumnado, que invita á observación e á aprendizaxe, dando cabida ás propostas
creativas do alumnado.
- Actuouse como guía e acompañante no proceso de desenvolvemento e aprendizaxe,
empregando materiais axeitados e motivadores para a execución das actividades.
- Os espazos e tempos foron axeitados e adaptados os ritmos evolutivos de cada un
dos nenos e nenas.   

TEMPORALIZACIÓN

La temporada ideal para hacerla es la primavera, después de las lluvias invernales,
cuando aparecen los primeros rayos de sol y las primaveras aves migratorias comienzan
a llegar y anidar para poder marcharse cuando las hojas de los árboles comiencen a caer de sus ramas. Se puede apreciar el silencio de la Naturaleza, los pilares de aves y el rumor del mar, al tiempo que se respira un aire puro y tranquilo.


ABRIL, 2018
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
2
3
SESIÓN 1: COÑECENDO OS CONS
4
5
SESIÓN 2:
QUÉ PODEMOS SABER DOS CONS?
6
9
10
SESIÓN 3: CONVERTÉMONOS EN XEÓLOGOS
11
12
SESIÓN 4:
VISITÁMOLOS CONS
13
16
17
18
19
20
23
24
25
26
27
30

SESIÓN 4: VISITÁMOLOS CONS

Nesta última sesión, faremos unha saída con Sebastián ós Cons e poremos en práctica todo o aprendido durante a unidade. Ademais o alumnado poderá coñecelos, tocalos e establecer contacto directo coa natureza e coas paisaxes do lugar. Para isto elaboraremos un mapa de ruta para que todos os cativos e cativas saiban por onde estamos pasando en cada momento, cal é o seguinte Con, que se sabe sobre él…


SESIÓN 3: CONVERTÉMONOS EN XEÓLOGOS

Esta sesión dividirase en dúas partes. En primeiro lugar, Sebastián abrirá un debate na aula para coñecer a idea que ten o alumnado sobre os xeólogos: Quenes son?, A que se adican?, Cal é a súa función?, etc. A continuación, coa colaboración das familias, converterémonos en verdadeiros xeólogos, dispostos a indagar e descubrir toda a información que se pode extraer dos Cons. En segundo lugar, os cativos e cativas recollerán pedras coa axuda das súas familias e traeranas á escola para observar co microscopio e poder analizalas.
 
                                         


SESIÓN 2: QUÉ PODEMOS SABER DOS CONS?

Nesta sesión levaremos a cabo un proxecto no que primeiramente os nenos
e nenas investigarán como se formaron os cons e de que están feitos, mediante
libros e vídeos que poidamos atopar en internet. A continuación, investigaremos
de onde provén o seu nome e localización, para isto imos levalo a cabo mediante
a recollida de información que os nenos e nenas poidan preguntar ós seus avós,
pais, e demais familia. Finalmente crearemos un libro con toda á información recollida, así os nenos e nenas poderán consultala sempre que queiran e refrescar información se fose preciso.

SESIÓN 1: COÑECENDO OS CONS

Esta sesión está pensada para levar a cabo en en dúas partes. A primeira
constará dunha asemblea, na que introduciremos o tema que abrangue
a unidade: Os Cons. O alumnado poderá aportar todo o que saiba deste
patrimonio e abriremos un debate no que a mestra anotará que é o que
non se sabe e se quere saber, para comprobar se ó final da unidade se
conseguiu dito propósito. Como previamente a esta sesión teremos unha
reunión coas familias nas que trataremos a temática, o alumnado pode
informarse previamente na súa casa e cos seus familiares de aspectos
a tratar sobre os Cons.


Resultado de imagen de asamblea niños


A segunda parte será adicada á lectura do conto dos Bolechas sobre os Cons:

Os Bolechas van de viaxe: os Cons da Illa de Arousa” e de aquí xurdirán

dúbidas que resolveremos na clase, así como preguntas que fará a mestra/e
para coñecer se o alumnado entendeu e estivo atento durante a lectura do conto.
As actividades que podemos facer co libro “ Os Bolechas van de viaxe: os
Cons da Illa de Arousa” na aula son as seguintes:
1.    Contar o conto:
Na asamblea os nenos e nenas estarán sentados en circulo e a/o docente proponlle contar o conto mostrándolle as imaxes.
2.    Preguntas sobre o conto:
Despois de ter lido o conto, a docente fará unhas preguntas para ver se os nenos
e nenas entenderon ben o conto. As preguntas a levar a cabo son:
-    En que municipio se encontra o conto?
-    Con quen se atoparon ó chegar?  
-    Que visitaron?
-    Que sucedeu durante a visita?
-    Que personaxe se enfadou?
-    Que ocorreu no final do conto?
3.    Que escriban os nenos e nenas o conto:
Cada semana un neno ou unha nena levará para a súa casa unha mochila, que
contén o libro e unha caderno, polo que o alumnado deberá escribir nunha folla do
caderno un anaco de historia acompañada dun debuxo.
4.    Modificar:
Contar a historia, na que aparece algún personaxe novo como por exemplo cando
fan a ruta dos cons aparece un león. Cambiando o final, no que un dos Bolechas
se perdee finalmente encóntrano.
5.   Ordenar o conto por secuencias:
A actividade consiste en que a docente presentaralle unhas láminas sobre o conto
e os nenos e nenas terán que ordenalas en función de principio a fin como sucedeu
a historia.   



6. Para finalizar esta sesión, serás capaz de xuntar as pezas deste
puzzle que forman un con?
Os cativos e cativas terán que realizar un puzzle de dous cons representativos
do conto. Aquí tendes os enlaces para que poidades probar, a ver quen é o
máis rápido. Atrévédesvos?


Que Con é?


Que Con é?



ACTIVIDADES

Antes de empezar coas sesións é importante, sobre todo nestas idades,
contextualizar cal é o propósito, así como de onde naceu a idea de
traballar esta unidade. Para isto contamos coa historia de “Sebastián”,
un cangrexo que nos contou que levou un golpe por mor duns rapaces
e rapaces que andaban no mar e non sabe onde está. Pídenos axuda
para atopar o seu hábitat que é na Illa de Arousa xusto ó lado dos Cons,
coñecédelos?