martes, 17 de abril de 2018

CONTEXTUALIZACIÓN HISTÓRICA

A natureza é moi sabia, polo que as pedras se foron labrando coa axuda dos
ventos e das mareas. Na illa fixo unha gran obra de arte, posto que cos
detalles e cos acabados que deu, conseguiu formar uns monumentos que
locen a súa beleza a todo o que se acerca por alí.
A “Ruta dos Cons” é longa, uns 7 km aproximadamente, pero está perfectamente
señalizada e transcorre por sendeiros de terra, asfalto e area. Esta ruta
comprende un percorrido de 5 horas e media aproximadamente, composto por
natureza, grandes vistas panorámicas, alternando ademais, con zonas salvaxes,
como o Parque Natural de Carreirón, miradores, praias, entre outros. Como xa
dixen anteriormente, é longa polo que se divide en zona norte e zona sur.



ZONA NORTE
Comeza o noso percorrido visitando a Punta Cabalo, onde poderemos observar
os primeiros Cons salientables: os Cons do Faro, os Cons da Escorregadoira, o
Con do Navío e o Con de Tres Pés. Se bordeamos a zona norte poderemos
contemplar o lugar onde están situados, o cal ofrece ós visitantes unha boa vista
das praias e do monte da Illa. Ademais desde o Con de Barbafeita e desde o Con
do Niño de Corvo, pódense ver os illotes de Xidoiro Areoso e Xidoiro Pedregoso,
así como a Ría de Arousa.
Continuando, chegamos ó Agro de Alonso, onde descubrimos o con co seu nome.
Moi preto del, temos o Con da Abella e o Con Retellado. Despois subimos ó Con
do Forno, onde podemos observar e apreciar unhas vistas panorámicas de case
toda a illa. Na mesma zona podemos contemplar o Con da Grañeira.



ZONA SUR     
A Ruta Sur empeza no lugar do Con Abilleira, pasando polo Monte do Molino de Viento,
onde se poden observar desde o alto os illotes de Xidoiros Areoso e Xidoiros Pedregoso
os Cons do Castro de Quilma, os Cons do Parque Natural do Carreirón e o Con do
Cocodrilo en As Salinas. Todos están situados preto das marabillosas praias de area fina
deste fermoso lugar. Ademais de ofrecer un contacto coa natureza en estado puro, esta
ruta Sur ofrece unhas inmellorables vistas ó concello de O Grove, Cambados e Vilanova.   







CONTEXTUALIZACIÓN XEOGRÁFICA

ONDE SE ATOPA?

A Illa de Arousa está emprazada en pleno corazón da Ría de Arousa, á que dá nome. Ten
unha extensión de sete quilómetros cadrados e a súa forma recorda a un sete. Está unida
á Península por unha ponte de dous quilómetros de lonxitude, inaugurada en 1985. É a illa
máis grande e máis poboada de Galicia, con aproximadamente 5000 habitantes. Os
recursos mariños son a súa principal fonte de ingresos, destacando o seu sector
mexilloeiro, o sector marisqueiro (tanto a pé como a flote) e a súa flota artesanal,
adicada a outras artes menores de pesca.



No seguinte enlace pódese todos os cons da ruta con un pequena descripción de cada un deles: 
https://drive.google.com/open?id=1nXqUvzko_XFRqT9l20M5u5xB0V_zrQoO&usp=sharing


QUE PODEMOS ATOPAR ALI?

Na Illa de Arousa podemos encontrar diversos elementos culturais e patrimoniais, dos cales destacamos os seguintes:



PARQUE NATURAL DO CARREIRON
    FARO PUNTA CABALO
MUIÑO DE VENTO


MUIÑO DE MAREAS





OBXECTIVOS

OBXECTIVOS XERAIS:
-Observar e explorar de forma activa o seu contorno,xerando interpretacións sobre
algunhas situacións e feitos significativos, e mais mostrando interese polo seu
coñecemento. 
-Observar os cambios e modificacións a que están sometidos os elementos do contorno
e relacionalos cos factores que os producen.
-Establecer relacións de confianza, afecto, colaboración, comprensión e pertenza
baseadas no respecto ás persoas, ás normas e valores da sociedade a que pertencen.
-Dar mostras de interesarse polo medio natural e os seus cambios.  
-Utilizar as diversas linguaxes como instrumentos de comunicación, de expresión de ideas e sentimentos, de representación, de aprendizaxe e de gozo.


OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:
-Coñecer os distintos cons.
-Interactuar cós demais compañeiros/as e respectar as quendas.
-Mostrar interese polo que nos rodea.
-Transmitir ós cativos e cativas valores de respecto e coidado polo patrimonio.
-Coñecer un pouco máis a nosa localidade (referida aos nenos).

PRESENTACIÓN

QUEN SOMOS?
Somos Raquel Portela Malvar e Ana Rial Villanueva alumnasde 3º curso do
grao de Educación Infantil e vamos elaborar este blog na materia: Aprendizaxe
das Ciencias Sociais.


PORQUE ELEXIMOS ESTE BEN PATRIMONIAL?
Imos traballar o ben patrimonial referido ós cons da Illa de Arousa, na escola
“ Sonrisas y Lagrimas” coa finalidade de que os cativos e cativas coñezan o
seu patrimonio próximo.



QUE METODOLOXÍA IMOS SEGUIR?
A metodoloxía refírese á forma de ensinar na aula, de forma periódica
e sistemática. É importante que a metodoloxía se
axuste á forma de aprender de cada neno/a e cubra as súas necesidades.
Traballaremos coa observación, experimentación e manipulación de
forma activa, a través dos diferentes actividades, para aproveitar todas
as posibilidades que nos aporta a zona, e así sacar maior proveito
desta experiencia.
As actividades plantexadas serían semi-dirixidas xa que para a maioría delas daríamos unhas pautas que cumprir, aínda que despois os nenos/as poderían realizalas libremente e desenvolver a súa creatividade.
Nesta unidade didáctica empregaremos a seguinte metodoloxía:
1.Perspectiva Globalizadora, creando situacións de ensinanza- aprendizaxe.
2.Aprendizaxes significativos que permitan ao alumnado establecer relacións
entre o que sabe e o que vai aprender.
3.Activa, que o alumnado mostre interese.
4.Xogo como motor de desenvolvemento.
5.Relaciones fluidas e continuas coa familia para que compartan a labor
educativa.
6.Ten que ser vivencial.
7.Fomentarase ao alumnado a formación en valores e o respecto ás normas.

A QUEN VAI DESTINADA?
Esta unidade didáctica sobre o ben patrimonial da Ruta dos Cons da Illa de Arousa
vai destinada aos nenos e nenas de 2º Ciclo de Educación Infantil, máis concretamente
ao alumnado de 5-6 anos.



BENVIDOS E BENVIDAS AO NOSO BLOG!


O noso compañeiro  o cangrexo Sebastian, acompañaranos
nesta gran viaxe!